ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Rosa Crujeiras, elixida primeira reitora na historia da USC
Dende a Sociedade Galega de Estatística e Investigación Operativa queremos felicitar á nosa socia Rosa Crujeiras polo seu recente nomeamento como reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a súa elección supón un fito histórico, ao converterse na primeira muller en ocupar este cargo na historia da USC.
Para a nosa sociedade é un orgullo contar entre os nosos membros con profesionais que contribúen ao avance do coñecemento, da investigación e da xestión universitaria.
Desexámoslle moitos éxitos nesta nova etapa, seguros de que o seu liderado contribuirá ao fortalecemento da universidade e da comunidade científica.
Parabéns, Rosa!
Formulario para a inscrición no concurso "AVATAR Galicia"
Xa está dispoñible o formulario para a inscripción de traballos. O prazo remata o 23 de marzo.
Formulario para a inscrición no concurso "AVATAR Galicia"
Ler máis: Formulario para a inscrición no concurso "AVATAR Galicia"
Número 72 de INFORMEST
INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Marzo de 2025. Número 72
Colaboración
Recesión bibliográfica
Novas
Novas do IGE
Traballos de Estatística e IO
Coñecéndonos
Sabias qué?
XLII Congreso Nacional da SEIO: Prazo de envío de traballos e sesións invitadas
XLII Congreso Nacional da SEIO: Prazo de envío de traballos e sesións invitadas
O comité organizador e o Comité Científico do XLII Congreso Nacional de Estadística, Investigación Operativa y Ciencia de Datos, SEIO2026, que se celebrará na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela, do 2 ao 5 de setembro, convidan a participar no Congreso a todas as persoas interesadas en Estatística, Investigación Operativa e Ciencia de Datos, xa sexan do ámbito académico, do sector público ou do privado. Convidan a presentar os traballos máis recentes, tanto metodolóxicos como aplicados, e a contribuír ao debate científico e técnico que impulsa o progreso da nosa sociedade.
Datas importantes:
- Comunicacións orais e póster: ata o 10/04/2026
- Proposta de sesións convidadas: ata o 28/02/2026
- Rexistro:
- Tarifa reducida: do 01/12/2025 ao 14/05/2026
- Tarifa regular: do 15/05/2026 ao 30/06/2026
- Tarifa última oportunidade: do 01/07/2026 ao 31/07/2026
- Candidaturas Premio Ramiro Melendreras: ata o 05/07/2026
En virtude dos acordos de reciprocidade coa SEIO, os socios de SGAPEIO poderán inscribirse coa cota de socios da SEIO, facilitando así a súa participación.
A información actualizada do congreso atópase na web: https://seio2026.com/es/


