Novas da SGAPEIO, 11 de xuño 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

2.- Entrega de Premios do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
O próximo día 18, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a culminación da fase galega do concurso de Sondaxes e Experimentos co seguinte programa:
10:00 - 12:30h.
• Inicio do acto no Salón de Actos da Facultade de Matemáticas
• Presentación dos traballos finalistas (15 minutos cada un):
o 1º e 2º da ESO:21 DIAS CO GALEGO E +, ¿FUNCIONOU NO IES PONTEPEDRIÑA? IES Pontepedriña (Santiago de Compostela).
o 1º e 2º da ESO: COCHES VS CO2. IES Agra do Orzán (A Coruña).
o 3º e 4º da ESO: O EFECTO ROCK AND ROLL. CPI San Vicente (A Baña).
o 3º e 4º da ESO: PERFILANDO O RISCO. IES Cacheiras (Teo) e IES de Ribeira (Ribeira).
o 3º e 4º da ESO: O DEBATE DO X. IES Anxel Fole (Lugo).
12:30 - 13:30. Descanso e deliberación do xurado.
13:30 - 14:00. Lectura da acta do xurado do concurso (a cargo do Secretario do xurado do IX concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos) e entrega de premios e diplomas.
14:00. Clausura.

3.- Curso Modelos de regresión multivariante
Introducción: Os modelos de regresión multivariante son técnicas estatísticas que permiten estudar a relación entre un efecto e varios factores, controlando a confusión e as posibles interaccións entre eles. Ademais, poden utilizarse para predicir o comportamento da variable dependente en función dos valores que tomen as variables independentes, sendo un dos métodos estatísticos máis utilizados no ámbito da saúde. Esta actividade formativa é un curso de nivel medio que pretende capacitar aos asistentes para a análise multivariante da información e a lectura crítica de publicacións científicas que utilicen modelos de regresión multivariante, sendo de especial interese para aquelas persoas que, tras realizar unha actividade formativa de iniciación á Estatística, desexen ampliar os seus coñecementos nesta área de coñecemento. O curso é a continuación dun itinerario formativo en Estatística aplicada que comeza co curso “Estatística básica para a análise de datos biosanitarios”.
Dirixido a: Profesionais con formación básica en Estatística interesados en coñecer e aplicar os modelos de regresión multivariante máis utilizados en Ciencias da Saúde.
Obxectivo: Capacitar para a análise multivariante da información, a lectura crítica de publicacións científicas que utilicen modelos de regresión multivariante e o seguimento de accións formativas máis avanzadas nesta área de coñecemento.
Data límite para a inscrición: 5 de xullo de 2019.
Data de realización: Granada, 11 de setembro ao 8 de novembro de 2019. Sesións presenciais: 11 ao 13 de setembro / 2 ao 4 de outubro / 23 ao 25 de outubro.
Coordinación: Ricardo Ocaña Riola.
Matrícula: 690€.
Horas Totais: 75.
Modalidade: Semipresencial.
Observacións: A inscrición e realización do curso será gratuíta para profesionais vinculados ao SAS que o soliciten segundo o procedemento establecido, conten coa autorización do seu centro e sexan finalmente seleccionados.
Máis información: http://www.easp.es/cursos/?idCurso=312302NA19.

4.- Convocatoria dos premios de doutoramento da ELLIS Society
Descrición: Infórmase da recente convocatoria dos premios PhD Award que xestiona, por primeira vez, a ELLIS Society, nas áreas de intelixencia artificial e machine learning. Un dos requirimentos é que as teses foran defendidas en 2016, 2017 ou 2018.
Data límite de presentación: 30 de xuño de 2019.
Máis información: https://ellis.eu/award

5.- WONNOW Awards 2019
Descrición: A entidade financeira CaixaBank, S.A., con NIF A-08663619 e domicilio en C/ Pintor Sorolla, 2-4, Valencia e MICROSOFT IBÉRICA S. R. L. con CIF B-78603495 e domicilio social en Paseo do Club Deportivo, 1 – Edificio 1, Pozuelo de Alarcón (Madrid) convocan conxuntamente os Premios WONNOW 2019, cuxa finalidade é galardoar a excelencia, tanto académica como persoal, de mulleres estudantes da área de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas que a presenza feminina é reducida.
Os presentes premios diríxense a persoas físicas de sexo feminino, maiores de idade e con residencia fiscal no territorio nacional, que ademais cumpran os requisitos, requirimentos e condicións expresadas nas Bases Legais, baixo a modalidade de concurso de participación gratuíta.
Desta maneira, as entidades convocantes queren contribuír a superar un problema social importante, avanzando máis en conseguir a igualdade de xénero en nichos laborais e profesionais importantes, onde a participación feminina é proporcionalmente escasa.
Data límite de presentación de solicitudes: 16 de xuño de 2019.
Bases da convocatoria na ligazón: https://www.wonnowawards.com/bases

6.- Seminario de Andrea Meilán na Universidade da Coruña
27 de xuño de 2019
A Coruña, España
Descrición: O próximo 27 de xuño, xoves, ás 12:00 h na Aula de Graos, Andrea Meilán impartirá o seminario "Nonparametric multivariate regression estimation for circular responses".
Resumo: Os datos circulares poden ser considerados como puntos cuxo apoio é un círculo, medidos en graos ou radians e con natureza periódica. Exemplos de datos circulares xorden en moitos campos: bioloxía, meteoroloxía (dirección do vento), oceanografía (correntes dos océanos), entre outros. Ás veces, a finalidade é analizar a relación entre unha variábel resposta circular e unha ou máis predictores lineais, utilizando un modelo de regresión. Neste contexto, se propuxeron e estudaros estimadores nonparamétricos para a función de regresión baseados en Nadaraya-Watson e estimadores polinómico locais.
Hora: 12:00.
Lugar: Aula de Graos Víctor Gulías – Facultade de Informática.

7.- 24th International Conference on Computational Statistics (COMPSTAT 2020)
25 de agosto de 2020 – 28 de agosto de 2020
Boloña, Italia
Descrición: Este congreso está financiado pola European Regional Section of the IASC e organizado polo Departamento de Scienze Statistiche da Università de Bologna, en Italia. O congreso procura a xuntanza de investigadores e usuarios para discutir os recentes avances, desenvolvementos en métodos computacionais, metodoloxías para a análise de datos e as aplicacións da estatística. Se considerarán todos aqueles temas na ampla confluencia entre as ciencias da computación e a estatística.
Poñentes invitados:

  • Igor Pruenster, Università Bocconi, Italia.
  • Jean-Michel Zakoian, ENSAE, France.
  • Holger Dette, Ruhr-Universität Bochum, Alemaña.

Datas importantes:

  • 17 de abril de 2020: Envío de resumos para sesións invitadas.
  • 15 de maio de 2020: Envío de resumos para as demais sesións.
  • 27 de maio de 2020: Rexistro.
  • 25-28 de agosto de 2020: Congreso.

Ademais, tamén terá lugar, entre o 29 e o 30 de Agosto de 2020 o congreso satélite CSDA & EcoSta Workshop on Statistical Data Science (SDS 2020).
Máis información: http://www.compstat2020.org

8.- Ampliación do prazo para o envío de traballos ao ECMI Posgraduate MW/VI Iberian MW/NeEDS Modeling Week
8 de xullo de 2020 – 13 de xullo de 2020
Sevilla, España
O comité organizador informa que, en atención aos requerimentos dos participantes, o prazo límite para o envío de traballos extendese ata o 14 de xuño de 2019.
Máis información en http://gestioneventos.us.es/22663/dates/ecmi-postgraduate-vi-iberian-needs-modelling-week.html

9.- Convocatoria prazas de profesor axudante doutor na Universidad de Oviedo
Descrición: Infórmase da convocatoria no Departamento de Estadística e Investigación Operativa y Didáctica de la Matemática da Universidad de Oviedo de 4 prazas de profesor axudante doutor:

  • 1 praza de axudante doutor na área de Didáctica da Matemática, con requisitio de nivel C1 de inglés (concurso 30 na ligazón adxunta).
  • 1 praza de axudante doutor na área de Didáctica da Matemática (concurso 31 na ligazón adxunta).
  • 2 prazas de axudante doutor na área de Estatística e Investigación Operativa (concurso 32 na ligazón adxunta).

Máis información: https://sede.asturias.es/bopa/2019/05/30/2019-05469.pdf

10.- Contrato de predoutoramento en Matemática Aplicada
Descrición: Ábrese a convocatoria dun contrato de predoutoramento en matemáticas aplicadas no Departamento de Matemáticas da Universidad Carlos II de Madrid (UC3M).

  • Data límite de admisión de solicitudes: 16 de xuño de 2019.
  • Comezo o 1 de setembro de 2019.
  • Salario bruto de 15540 euros.
  • Un ano de contrato extensible a tres anos e medio.

O proxecto de doutoramento consiste no desenvolvemento de novos algoritmos para o denominado Probabilistic or Stochastic Domain Decomposition (PDD), ademais de axudar na programación dunha librería en C++/MPI enfocada no PDD. Este traballo ten como obxectivo ultimo producir resultados que permitan competir no Gordon Bell Prize de computación paalela. Tamén hai posibilidades de impartir docencia na Escuela de Ingeniería da UC3M.
Os candidatos terán que ser previamente admitidos no Programa de Doctorado en Ingeniería Matemática:
https://www.uc3m.es/ss/Satellite/Doctorado/en/Detalle/Estudio_C/1422588164036/1371210298470/Mathematical_Engineering#access
A solicitudes tramitaranse online no enlace:
http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/inicio/universidad/empleo_universidad/personal_docente_e_investigador/contratos_predoc_proy_inv
Para máis información contáctese coa dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates