ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 23 de febreiro de 2026
1.- Selección de congresos nacionais e internacionais con convocatoria aberta
§ Dutch Game Theory Symposium (Tilburg, Netherlands, 2 abril 2026).
o Información: O obxectivo deste simposio é brindar unha oportunidade para que as persoas investigadoras en teoría de xogos se reúnan, intercambien ideas, presenten traballos en curso e exploren oportunidades de colaboración futura. Farase especial fincapé nas persoas xoves, para quen o evento ofrece unha excelente oportunidade para ampliar as súas perspectivas, inspirarse e conectar con colegas académicos.
o Datas importantes:
§ Rexistro ata o 06/03/2026
o Web: https://www.tilburguniversity.edu/current/events/dutch-game-theory-symposium
§ XIII Xornada de Usuarios de R en Galicia (Melide, 17–18 abril 2026).
o Información: A XIII Xornada de Usuarios de R en Galicia formará parte do congreso esLibre que tamén se celebra en Melide durante os días 17 e 18 de abril. Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores, incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 24/03/2026
o Web: https://www.r-users.gal/
§ 29th CTN Conference (CTN 2026) (Padova, Italy 21–22 maio 2026).
o Información: A Coalition Theory Network (CTN) é unha asociación de dez institucións científicas de alto nivel cuxo obxectivo, desde hai trinta anos, é o avance e a difusión da investigación nas áreas (definidas de forma moi ampla) da teoría de redes e a formación de coalicións. Desde os seus inicios, o taller anual reuniu a un grupo internacional de académicos para debater os avances actuais, crear novas colaboracións e fomentar o uso de traballos teóricos na investigación aplicada.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 15/03/2026
§ Rexistro: dende o 25/03/2026 ata o 01/05/2026
o Web: https://ctn2026.sciencesconf.org/?lang=en
§ International Workshop in Sequential Methodologies (IWSM 2026) (Washington DC, USA, 1–4 xuño 2026).
o Información: O Taller Internacional sobre Metodoloxías Secuenciais (IWSM) reúnese cada dous anos con investigadores e profesionais para explorar os últimos avances en estatística secuencial. O taller proporciona unha plataforma para presentar resultados teóricos, explorar aplicacións prácticas e abordar desafíos en áreas como aprendizaxe automática, intelixencia artificial, ensaios clínicos, deseño adaptativo, control de procesos, aproximación estocástica, probabilidade aplicada, finanzas matemáticas, a estatística e as aplicacións. Ao cubrir unha ampla gama de áreas metodolóxicas e aplicadas, o IWSM ten como obxectivo avanzar na análise estatística secuencial e as súas diversas aplicacións modernas.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 01/04/2026
§ Rexistro: tarifa reducida ata o 01/04/2026 e tarifa regular ata o 15/05/2026
o Web: https://www.american.edu/cas/iwsm2026/
§ Emerging Trends in Game Theory (ETinGT) (Santiago de Compostela, 8-9 xuño 2026)
o Información: O obxectivo principal deste obradoiro é dar visibilidade ás persoas investigadoras noveles en teoría de xogos, fomentando a interacción científica tanto a nivel nacional como internacional. Ademais, o obradoiro busca promover a teoría de xogos como una ferramenta metodolóxica útil en sectores económicos, sociais e empresariais emerxentes.
o Datas importantes:
§ Comunicacións (envío abstracts): ata o 30/04/2026
§ Rexistro: ata o 14/05/2026
o Web: https://sites.google.com/view/etingt2026/inicio
§ International Conference on Spatio-Temporal Modelling and Methods (METMA XII 2026) (Zaragoza, España, 8-10 xuño 2026).
o Información: Conferencia internacional dedicada á modelización e aos métodos espazo-temporais, con especial atención ao desenvolvemento metodolóxico e ás aplicacións en distintos ámbitos científicos. O congreso constitúe un foro internacional para a presentación e discusión de avances recentes en estatística espazo-temporal e áreas relacionadas.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 15/04/2026
§ Rexistro: tarifa reducida ata o 30/04/2026 e tarifa regular ata o 10/06/2026
o Web: https://metma12.unizar.es/
§ X Workshop on Computational Data Analysis and Numerical Methods (WCDANM | 2026) (Guimarães, Portugal, 11-13 xuño 2026).
o Información: A X edición do WCDANM celebrarase na Universidade do Minho (Campus de Azurém, Guimarães) e constitúe unha oportunidade para a difusión de investigación en Matemáticas e Estatística, con especial atención á Análise Computacional de Datos e aos Métodos Numéricos, tanto desde unha perspectiva teórica como aplicada. O encontro promove o uso de novas técnicas e ferramentas computacionais, con especial énfase en aplicacións en Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría, Industria, Ciencias Ambientais, Finanzas, Seguros, Xestión e Administración. O workshop está aberto a toda a comunidade científica, con ou sen comunicación oral ou póster, e pretende fomentar o debate e novas colaboracións científicas, incluídas as relacionadas con proxectos de Mestrado e Doutoramento.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 10/05/2026
§ Notificación de aceptación: 24/05/2026
§ Rexistro: tarifa reducida ata o 27/05/2026 e prazo final ata o 03/06/2026
o Web: https://w3.math.uminho.pt/WCDANM2026
§ Italian Statistical Society (SIS) and the FENStatS 2026 conference (Roma - Italia, 22-25 xuño 2026).
o Información: A Sociedade Italiana de Estatística (SIS) promove cada dous anos unha Reunión Científica Internacional, que representa o evento máis importante da Sociedade. Esta edición marcará unha ocasión particularmente importante, xa que coincidirá coa 1ª edición da Reunión Científica das Sociedades Estatísticas Europeas, promovida por FENStatS (Federación de Sociedades Estatísticas Nacionais Europeas), o primeiro evento deste tipo organizado a nivel europeo. A SIS 2026 reunirá a académicos, investigadores, profesionais e representantes de institucións nacionais e internacionais, ofrecendo unha oportunidade única para debater os avances metodolóxicos, as aplicacións innovadoras e os desafíos actuais na ciencia estatística.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 23/02/2026
§ Notificación de aceptación: 20/03/2026
§ Rexistro: tarifa reducida ata o 30/04/2026
o Web: https://sis2026.sis-statistica.it/
§ International Symposium on Nonparametric Statistics (ISNPS 2026) (Tesalónica – Grecia, 22-26 xuño 2026).
o Información: A próxima edición do ISNPS celebrarase en Tesalónica, dando continuidade ás anteriores edicións en Chalkidiki (2012), Cádiz (2014), Avignon (2016), Salerno (2018), Pafos (2022) e Braga (2024). O simposio presentará avances recentes e novas tendencias en Estatística Non Paramétrica e Aprendizaxe Automática, cun programa científico que incluirá conferencias plenarias, sesións invitadas, comunicacións contribuídas e sesión específica de pósters para estudantes. Organízase tamén un concurso de traballos para estudantes, cuxos gañadores presentarán nunha sesión especial, recibirán exención da cota de inscrición e premios económicos para gastos de viaxe. O encontro terá lugar no Grand Hotel Thessaloniki e pretende fomentar o intercambio científico e a colaboración internacional na área.
o Datas importantes:
§ Keynote e sesións invitadas (envío abstracts): ata o 16/03/2026
§ Comunicacións e pósters (envío abstracts): ata o 02/04/2026 (notificación en dúas semanas)
§ Rexistro: tarifa reducida ata o 31/03/2026; tarifa regular do 01/04/2026 ao 15/05/2026; tarifa tardía desde o 16/05/2026
o Web: https://easyconferences.eu/isnps2026/
§ European Meeting on Game Theory 2026 (SING21) (Naples – Italy, 29 xuño – 1 xullo 2026).
o Información: No SING21 presentaranse contribucións teóricas e aplicadas en todas as áreas da teoría de xogos. Os temas de interese son, entre outros: xogos cooperativos, xogos non cooperativos, deseño de mecanismos, redes, xogos dinámicos, xogos evolutivos, xogos estocásticos, teoría de subastas, teoría da negociación, teoría de xogos computacional, intelixencia artificial e teoría de xogos, aplicacións da teoría de xogos, elección social, e optimización para xogos.
o Datas importantes:
§ Comunicacións (envío abstracts): ata o 31/03/2026 (notificación o 10/04/2026)
§ Rexistro: tarifa reducida ata o 15/04/2026; tarifa regular ata o 15/05/2026
o Web: https://sites.google.com/view/sing-21/home
§ Informatics, Biometry and Epidemiology (GMDS 2026) (Freiburg – Alemaña, 27 setembro - 1 outubro 2026).
o Información: O auxe das técnicas de IA e a maior concienciación pública sobre o valor dos datos presentan grandes oportunidades para as disciplinas da ciencia de datos. A Conferencia ISCB GMDS 2026, xunto co Simposio CRC Small Data, proporcionará unha plataforma científica para o intercambio sobre estes novos e emocionantes desenvolvementos.
o Datas importantes:
§ Envío abstracts: ata o 31/03/2026
§ Notificación de aceptación: 29/05/2026
§ Rexistro: tarifa reducida ata 30/06/2026 e tarifa regular ata o 01/07/2026
o Web: https://iscbgmds2026.info/
2.- XLII Congreso Nacional da SEIO: Prazo de envío de traballos e sesións invitadas
O comité organizador e o Comité Científico do XLII Congreso Nacional de Estadística, Investigación Operativa y Ciencia de Datos, SEIO2026, que se celebrará na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela, do 2 ao 5 de setembro, convidan a participar no Congreso a todas as persoas interesadas en Estatística, Investigación Operativa e Ciencia de Datos, xa sexan do ámbito académico, do sector público ou do privado. Convidan a presentar os traballos máis recentes, tanto metodolóxicos como aplicados, e a contribuír ao debate científico e técnico que impulsa o progreso da nosa sociedade. Destacamos as datas importantes:
· Envío de traballos: do 01/02/2026 ao 10/04/2026
· Proposta de sesións invitadas: do 10/01/2026 ao 28/02/2026
· Rexistro:
o Tarifa reducida: do 01/12/2025 ao 14/05/2026
o Tarifa regular: do 15/05/2026 ao 30/06/2026
o Tarifa última oportunidade: do 01/07/2026 ao 31/07/2026
· Candidaturas Premio Ramiro Melendreras: ata o 08/03/2026
A información actualizada do congreso atópase na web: https://seio2026.com/es/
3.- Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor
of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)
o Información: O obxectivo deste encontro é seguir potenciando as sinerxías entre os membros dos diferentes grupos de traballo da SEIO así como render un tributo á excelente traxectoria académica do Prof. Wenceslao González Manteiga
o Lugar: Santiago de Compostela
o Datas: 14-17 xullo 2026
4.- II Simposio Online en Biometría Galaico-Portuguesa (SBio-SPE)
o Información: Este Simposio é unha organización conxunta da Secção de Biometria da SPE (SBio-SPE) e da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO)
o Formato: en liña, vía Microsoft Teams
o Data: 6 marzo 2026 ás 15:30 – 17:30 (hora de Galicia)
o Inscrición: https://forms.gle/vnwbSHjNS9qSdKMcA
5.- Cursos
§ Ciencia de Datos (Data Science), Aplicacións en Bioloxía e Medicina con Python e R
o Descrición: curso de Ciencia de Datos (Data Science), Aplicacións en Bioloxía e Medicina con Python e R, que realiza o Instituto de Formación Continua da Universitat de Barcelona (IL3-UB).
o Formato: 100% En liña, con sesións síncronas para favorecer a interacción.
o Calendario: do 8 de abril ao 6 de xullo de 2026.
o Horario: luns e mércores, de 16:00h a 19:00h.
o Contido: formación en Python, R, Linux, Machine Learning e análise de datos ómicos.
o Acreditación: Certificado Superior Universitario por la Universitat de Barcelona (9 créditos ECTS).
o Web: https://www.il3.ub.edu/curso-ciencia-datos-data-science-aplicaciones-biologia-medicina-python-r
§ València International Bayesian Summer School (VIBASS9) (Valencia – España, 6 – 9 xullo 2026)
o Web: https://eventos.adeit.es/148241/detail/vibass9-valencia-international-bayesian-summer-school.html
6.- Ofertas de traballo
· Bioinformatician/Data Scientist:
o O grupo Lipids&Liver (UPV/EHU) busca unha persoa investigadora para analizar datos ómicos en estudos de enfermidades hepáticas e cancro. Contrato de 2 anos, oportunidade de doutoramento, ambiente colaborativo.
o Solicitude: enviar CV e carta de presentación a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
o Máis información: http://drive.google.com/file/d/1uJBrryfauZCE6a5rd5ohC26Xr7qIFws1/view
· Oferta de emprego CUNEF Universidad:
o O departamento de Métodos Cuantitativos da CUNEF Universidad busca candidatos para prazas de profesorado en tenure track ao nivel de Assistant Professor nas áreas de Investigación Operativa, Intelixencia Artificial e Ciencia de Datos.
o Requisitos: as persoas solicitantes deberán ter un doutoramento (recente ou con experiencia posdoutoral), ou ter prevista a súa finalización, antes da data de nomeamento.
o Datas: incorporación prevista para setembro de 2026.
o Contacto: as persoas interesadas deben enviar o seu currículum vitae a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
· Oferta no Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional do Hospital Universitario Lucus Augusti (Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional GIOT-HULA):
o O grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional do Hospital Universitario Lucus Augusti busca persoas candidatas para solicitar un contrato posdoutoral Sara Borrell do Instituto de Salud Carlos III (AES 2026). A persoa candidata desenvolverá o seu traballo na Unidade de Investigación Clínica de Lugo pertencente ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
o Obxectivos: estudar os mecanismos moleculares do cancro usando técnicas ómicas.
o Requisitos: doctoramento en data posterior ao 1 de xaneiro de 2022.
o Máis información:
· Búsqueda de candidatos - Contrato Predoutoral FPI (próxima convocatoria):
o Proximamente publicarase unha nova convocatoria dun contrato predoutoral FPI vinculado ao proxecto “Inferencia non paramétrica para datos, dependencias e dinámicas complexas” (COD3NP), financiado no marco dos Proxectos de Xeración de Coñecemento. A persoa seleccionada desenvolverá a súa tese doutoral no ámbito da Estatística / Ciencia de Datos dentro dunha das seguintes liñas:
§ Dependencias e dinámicas complexas
§ Datos funcionais
§ Datos en variedades
o O contrato inclúe estadías de investigación internacionais (KU Leuven, Bélxica) e a tese será dirixida por membros do equipo do proxecto (http://eamo.usc.es/pub/gi1914/index.phpoption=com_content&view=article&id=29&lang=es&idproy=377).
o Perfil orientativo: titulados/as ou estudantes do Máster en Estadística, Ciencia de Datos ou áreas afíns.
o Requisitos: É necesario ter finalizado o Máster no momento da solicitude (consideraranse estudantes que defendan o seu TFM proximamente).
o Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
7.- Convocatorias e premios
· Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2026:
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, convoca estes premios para recoñecer e difundir casos de éxito na transferencia de tecnoloxía desde os organismos de investigación ao tecido produtivo gallego.
o Premio “Francisco Guitián Ojea”:
§ Para un traballo de investigación aplicada.
§ Dotado con 5.000 €.
§ Poden concorrer: persoas investigadoras de universidades galegas e centros de investigación, centros tecnolóxicos, fundacións sanitarias e demais organismos de investigación radicados en Galicia.
o Premio “Fernando Calvet Prats”:
§ Para un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía a unha empresa.
§ Dotado con 5.000 €.
§ Poden concorrer: persoas investigadoras de universidades galegas e centros de investigación, centros tecnolóxicos, fundacións sanitarias e demais organismos de investigación radicados en Galicia, conxuntamente con empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado en Galicia.
o Prazo de presentación de solicitudes: do 12/01/2026 ata o 28/02/2026.
o Máis información: https://www.ragc.gal/gl/premios_transferencia_gal/
· Bolsas Leonardo á Investigación Científica e Creación Cultural da Fundación BBVA:
o A Fundación BBVA convoca as Bolsas Leonardo, dirixidas a persoas investigadoras e creadoras culturais en estadios intermedios da súa carreira, co obxectivo de apoiar proxectos individuais innovadores en diferentes áreas do coñecemento, incluíndo Ciencias Básicas, Biomedicina, Medio Ambiente, Enxeñarías e Ciencias Sociais, entre outras.
o Prazo: ata o 20/03/2026
o Máis información: https://www.redleonardo.es
· Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles 2026:
o A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) convocan unha nova edición destes premios, creados en homenaxe a Vicent Caselles, co obxectivo de recoñecer a excelencia investigadora en Matemáticas. Na convocatoria 2026 concederase un máximo de seis premios, todos na modalidade de Investigación Matemática.
o Os premios están dirixidos a persoas investigadoras en Matemáticas de nacionalidade española, ou de outra nacionalidade que tiveran realizado o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, que sexan menores de 30 anos a 31 de decembro de 2025.
o Prazo: ata o 27/02/2026 ás 14:00 h (hora peninsular española).
o Máis información: https://www.fbbva.es/premios/premios-investigacion-matematica-vicent-caselles-2026/?cid=eml::eip:00071521-premio_rsme_2026_mailing-gen-:-comun-::convo


