ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 22 de xuño de 2026
1.- Selección de congresos nacionais e internacionais con convocatoria aberta
- International Day of Women in Statistics and Data Science conference (IDWSDS) (online, 6 outubro 2026)
o Información: esta conferencia inclúe sesións sobre unha ampla variedade de temas relacionados coa estatística e ciencia de datos.
o Datas importantes: Envío abstracts: ata o 30/06/2026
o Web: https://www.idwsds.org/
- V Congreso y XVI Jornadas de Usuarios de R 2026 (Tenerife, 25-27 novembro 2026)
o Información: O V Congreso e XVI Jornadas de Usuarios de R 2026 reunirá á comunidade hispanofalante interesada no uso de R, linguaxe de programación de software libre e código abierto, para a análise de datos, a investigación e a innovación. O evento celebrarase do 25 ao 27 de novembro de 2026 en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife), e incluirá ponencias, obradoiros, sesións paralelas e espazos para traballar a rede de contactos e fomentar o intercambio de coñecemento entre profesionais, persoas da academia e alumnado.
o Datas importantes: Envío abstracts: 09/10/2026
o Web: https://eventos.ull.es/152998/detail/v-congreso-y-xvi-jornadas-de-usuarios-de-r-2026.html
- Workshop on Statistics and Applications (WSA 2026) (Lisboa, Portugal, 4-5 decembro 2026)
o Información: Celebrada con motivo do 70 aniversario de Wenceslao González Manteiga, esta reunión científica internacional está organizada por ISEG Research, en colaboración co Centro de Matemáticas da Universidade do Minho (CMAT), o Centro de Matemáticas da Universidade do Porto (CMUP), o Centro de Matemáticas da Universidade de Coimbra (CMUC) e o Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMAga). O obradoiro reunirá a destacados investigadores en Estatística e áreas relacionadas para presentar e debater os avances metodolóxicos recentes e as súas aplicacións nunha ampla gama de dominios científicos.
o Datas importantes: Envío abstracts: 27/09/2026
o Web: https://wsa2026.iseg.ulisboa.pt/index.php
- International Joint Conference on Computational and Financial Econometrics and Computational and Methodological Statistics (CFE-CMStatistics 2026) (Berlín, Alemaña, 12–14 decembro 2026)
o Información: A 20ª edición da conferencia conxunta CFE-CMStatistics celebrarase na HTW Berlin (Wilhelminenhof campus). Trátase dun evento internacional de referencia en econometría, estatística computacional e metodoloxía estatística, con ampla participación académica e aplicada. Esta edición incluirá sesións especiais conmemorativas con relatorios convidados de investigadores de prestixio. O congreso terá formato híbrido, permitindo participación presencial e virtual, con todas as sesións retransmitidas.
o Datas importantes:
• Envío abstracts (invited): ata o 15/07/2026
• Envío abstracts (contributed): ata o 4/09/2026
o Web: https://www.cmstatistics.org/CFECMStatistics2026
- IMS International Conference on Statistics and Data Science (ICSDS 2026) (Split, Croacia, 15–18 decembro 2026)
o Información: A conferencia internacional ICSDS, organizada pola IMS, ten como obxectivo reunir investigadores en estatística e ciencia de datos de academia, industria e administración pública. O programa inclúe sesións plenarias, comunicacións contribuídas, pósters e sesións convidadas, así como competición de artigos de estudantes e apoio á participación de investigadores novos. Continúa a serie recente de edicións en Florencia (2022), Lisboa (2023), Niza (2024) e Sevilla (2025).
o Datas importantes:
• Envío abstracts: pendente de publicación
o Web: https://sites.google.com/view/ims-icsds2026/
2.-Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)
O obxectivo deste encontro é seguir potenciando as sinerxías entre os membros dos diferentes grupos de traballo da SEIO así como render un tributo á excelente traxectoria académica do Prof. Wenceslao González Manteiga. Como parte do programa, incluirase unha sesión especial de pósters en honor ao profesor González-Manteiga.
o Lugar: Santiago de Compostela
o Datas: 14-17 xullo 2026
o Máis información: https://sites.google.com/view/fnpsts/
3.- Cursos 9th edition València International Bayesian Analysis Summer School
o Descrición: VIBASS 9 é a novena edición da escola de verán en estatística bayesiana, que se celebrará do 6 ao 9 de xullo de 2026 en Valencia (España).
o Contido: O VIBASS desenvolverase durante 4 días. Os dous primeiros días, inclúen un curso básico de aprendizaxe Bayesiano (12 horas), alternando sesións conceptuais e prácticas con paquetes de R. É recomendable que as persoas participantes leven os seus portátiles para as sesións prácticas. A seguinte parte (12 horas) é dedicada á investigación Bayesiana: supervivencia Bayesiana, datos lonxitudinais e joint models con INLA.
o Lugar: Valencia, School of Engineering ETSE-UV (Universitat de València)
o Formato: Presencial
o Máis información: https://vabar.github.io/events/vibass9/
4.- Ofertas de traballo
• Praza de Axudante Doutor na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
o Descrición: o Departamento de Economía Aplicada e Estatística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UNED busca candidatos/as para unha praza de profesor axudante doutor. O perfil docente da praza é “Matemáticas para a Empresa” e “Introdución á Estatística”, mentras que o perfil investigador é “Estatística e Econometría Avanzadas”.
o Datas importantes: Prazo de solicitude 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria (27/05/2026)
o Máis información: pódese contactar co profesor Marc Vorsatz: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
• Doutoramento en Machine Learning, Estatística e Data-Centric Engineering (Universidade de Helsinki)
o Descrición: a Universidade de Helsinki ofrece unha praza de investigador/a predoutoral no ámbito da aprendizaxe automática, a estatística e a enxeñaría centrada nos datos. O proxecto combina métodos estatísticos avanzados, machine learning e aplicacións en problemas complexos de ciencia dos datos e enxeñaría.
o Duración: 3 anos, con posible extensión ata 3,5 – 4 anos
o Lugar: Helsinki (Finlandia)
o Prazo de solicitude: ata o 01/07/2026 (incorporación prevista en setembro de 2026)
o Requisitos principais:
Titulación de máster en Estatística, Matemáticas, Informática, Ciencia de Datos ou áreas afíns
Interese en investigación metodolóxica en machine learning e estatística
Coñecementos de programación, preferentemente en R ou Python
o Máis información: https://jobs.helsinki.fi/job/Helsinki-Doctoral-Researcher-in-Machine-Learning%2C-Statistics-and-Data-Centric-Engineering/1364020557/
- Ofertas de Estatístico (Farmacéutica Bayer Barcelona)
o Descrición: Bayer mantén abertas distintas ofertas vinculadas ao perfil de Statistician na súa oficina de Barcelona, dirixidas a persoas con formación recente de máster ou doutoramento en Estatística, Matemáticas, Ciencia de Datos ou áreas afíns. As posicións poden ser de interese para estudantes ou egresados/as con perfil cuantitativo e interese na aplicación da estatística no ámbito farmacéutico e biomédico.
o Lugar: Barcelona (España)
o Tipo de contrato: indefinido, xornada completa
o Prazo de solicitude: ata o: 02/07/2026
o Requisitos principais:
Mestrado ou doutoramento en Bioestatística, Estatística ou Matemáticas
Coñecementos de programación estatística (SAS e/ou R)
Bo nivel de inglés
Capacidade para traballar en equipos multidisciplinares internacionais
o Outros: valorarase experiencia en desenvolvemento clínico, análise estatística e colaboración con equipos de investigación biomédica.
o Máis información: https://bayer.eightfold.ai/careers?query=Statistician&location=Spain&hl=en
• Programa TALENTGAL – MSCA Postdoctoral Fellowships (Galicia, España)
o Descrición: TALENTGAL é un programa posdoutoral MSCA-COFUND promovido pola rede CIGUS e financiado pola Comisión Europea e a Xunta de Galicia. Ofrece 40 contratos posdoutorais para desenvolver proxectos de investigación interdisciplinarios nos centros de excelencia de Galicia, con alto grao de independencia científica e formación en competencias transversais.
o Duración: 30 meses
o Lugar: Galicia (centros CIGUS)
o Datas importantes:
Prazo de solicitude ata o: 23/07/2026
o Requisitos principais:
Doutoramento obtido nos últimos 8 anos Regra de mobilidade MSCA (non residir en España máis de 12 meses nos últimos 36 meses)
Polo menos 2 publicacións revisadas por pares (unha como primeiro/a autor/a ou correspondente)
o Outros: Inclúe estadías en academia, industria ou sector público, formación avanzada e plan de desenvolvemento profesional individualizado
o Máis información: https://talentgal.cigus.gal/
• MSCA Postdoctoral Fellowships 2026 (Marie Skłodowska-Curie Actions)
o Descrición: As bolsas posdoutorais MSCA teñen como obxectivo apoiar a carreira investigadora e fomentar a excelencia científica mediante a mobilidade internacional. Permiten a persoas investigadoras posdoutorais desenvolver proxectos propios en universidades, centros de investigación ou empresas, adquirindo novas competencias e experiencia interdisciplinar e intersectorial.
o Tipos de bolsas:
European Postdoctoral Fellowships (1–2 anos en Europa)
Global Postdoctoral Fellowships (2–3 anos: fase internacional + retorno a Europa)
o Datas importantes: Prazo de solicitude ata o 09/09/2026 (17:00 CEST)
5.- Convocatorias e premios
• Real Academia de Doctores de España - XLV edición Premios á Investigación
o Descrición: A Real Academia de Doctores de España convoca a XLV edición dos seus Premios á Investigación. Estes premios están destinados a aquelas teses, leídas durante o curso 2025-2026 e calificadas con sobresaínte cum laude, que se distingan, sobre todo, pola súa excelencia científica e o seu carácter innovador. Os Premios RADE pretenden impulsar a investigación e, sobre todo, galardonar o traballo que supón a realización dunha tese doutoral.
o Datas importantes: Prazo de solicitude ata o 30/06/2026
o Requisitos principais:
Ter nacionalidade española.
Ter defendido a tese no periodo do 16 de xullo de 2025 ao 30 de xuño de 2026, ambos inclusive, e ter obtido a calificación de sobresaínte cum laude.
A tese estará redactada en español. Se estivera escrita noutra lingua, deberase incluir no arquivo PDF do texto da tesis un resumo en español que inclúa os obxectivos, resultados e conclusións da tese doutoral.
o Máis información: https://www.rade.es/premios.php?year=2026&item=bases


