Prazas de profesor na Universidad Diego Portales de Chile 

Descrición: Posicións de tempo completo no Departamento de Administración (Universidade Diego Portales, Facultad de Economía y Empresa). O Departamento de Administración da Facultad de Economía y Empresa da Universidade Diego Portales (Santiago, Chile) busca postulantes para cubrir dous postos de tempo completo de Profesor Asistente e/ou Asociado nalgunha das seguintes áreas:

  • Control de Xestión
  • Sistemas de Información
  • Contabilidade e Custos
  • Análise cuantitativa de datos

Os candidatos deben obter un grao de doutoramento (ou obtelo no primeiro semestre de 2019) na aìrea de Administración de Empresas, Estatística ou Control de Xestión. Espérase que mostren un claro compromiso coa investigación e contribúan activamente ao deseño, á realización e á avaliación de cursos a nivel de pregrao e posgrao. Aínda que o enfoque da praza será a investigación e a docencia, tamén se espera que os candidatos estean dispostos a colaborar nas actividades de xestión e difusión do departamento. 
As prazas ofrécense con salarios competitivos no mercado chileno, e asociados ao currículo dos candidatos. Espérase que a/o profesional seleccionada/o se integre na facultade durante o segundo semestre de 2019. 
Os candidatos interesados nos postos deben presentar os seguintes documentos:

  • Unha carta de presentación de plan de traballo e obxectivos académicos.
  • Currículo que inclúa información de contacto de tres referencias académicas. Os referentes non serán contactados ata que os candidatos finais sexan preseleccionados.
  • Copias de máximo dous traballos recentes.
  • Unha declaración de experiencia docente, incluídas as avaliacións do curso (en caso de estar dispoñibles).

As postulacións recibiranse ata o 31 de marzo de 2019. Contactar con Claudio Thieme (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) , Director do Departamento de Administración.

 

 

 

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates