12 prazas de investigadores de predoutoramento para o Climate Advanced Forecasting of sub-seasonal Extremes Consortium

Descrición: O CAFE, Climate Advanced Forecasting of sub-seasonal Extremes Consortium, está buscando investigadores novos altamente cualificados para 12 prazas de investigadores de predoutoramento.
O obxectivo do proxecto CAFE é a mellora dentro de cada estación das predicións dos eventos meteorolóxicos extremos a través dunha formación interdisciplinaria en 12 aspectos diferentes coma son a ciencia climática, as redes complexas e a análise de datos. Os extremos climáticos como as vagas de calor, secas, precipitacións extremas e vagas de frío teñen unha alta repercusión social e económica que se irá incrementando segundo avance o cambio climático. A predición de eventos extremos nun intervalo comprendido entre 10 días e 3 meses e un gran reto debido ao pobre entendemento que hoxe en día se ten dos fenómenos que os condicionan, como é o caso das oscilacións de Madden Julian, ondas planetarias e bloqueos atmosféricos. A obtención de información fiable destes fenómenos é de gran importancia, permitindo a obtención de avisos previos e accións correctivas anticipadas.
Os candidatos deben estar no primeiro ano das súas carreiras de investigación (ata un ano despois de obter o seu título de mestrado) no momento de ser admitidos e non ter o título de doutor. 
Os contratos firmaranse por un período de 36 meses e están dotados dun atrativo salario da cordo coas regulacións do MSCA para Early-Stage Researchers.
Data límite para a presentación de solicitudes: 20 de maio do 2019.
Máis información: https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/392074 

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates